🗣 Charla interxeracional entre alumnos do IES Frei Martín Sarmiento e usuarios de Al Faro Mayores Servicios Senior (Centro de Día Al Faro) a cargo de Gestoría Fuentes Fernández SL.
No curso actual Gestoria Fuentes Fernández SL impulsou e patrocinou un Programa de Mentoría de seis meses para mozos estudantes de ESO que ten como principal obxectivo empoderar aos mozos en situación de vulnerabilidade.
Dentro deste Programa, o pasado venres realizamos unha actividade que consistiu nunha Charla Interxeracional no Centro de Día Al Faro SL, en Pontevedra. Onde 23 alumnos acompañados pola súa profesora Cristina González e a traballadora social Aurora Coego interactuaron cos maiores usuarios. Foi moi emotivo porque os usuarios do Centro Al Faro Mayores Servicios Senior relataron experiencias da súa vida como traballadores e empresarios.
Este programa forma parte da nosa política de Responsabilidade Social Corporativa e esperamos que chegue ao maior número posible de centros educativos.